Adriana e as súas amigas Noa e Carla anunciaron, á entrada do cole e polas clases, que no recreo virían Tamara e Noelia contarnos un dos nosos contos favoritos: A que sabe a lúa? de Michael Grejniec
Anunciando o conto |
No recreo a BBS estaba chea e non era para menos, Tamara e Noelia prepararon o conto con detalle, trouxeron animais, a lúa, o ceo... Así dá gusto! Ademais estiveron tamén a nai e a bisavoa de Adriana.
Encantounos! Grazas! |
Agora si que estamos tod@s! |
Grazas, Noelia! Grazas, Tamara!
Encantounos o conto e como nolo contastes! Sabedes que agora xa sodes "contadoras da BBS", volvede cando queirades 😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario