O mércores 11 de decembro a Compañía Pereira de Lobos volverá ao Brea Segade e representará en "única función no Araño e Taragoña": Boas noites, de Paula Carballeira.
Pereira de Lobos é unha compañía de teatro afeccionado formada por mestres e mestras do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril, dirixidos/as pola rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel. Esta será a terceira obra que representen na nosa escola e, como temos probas do seu bo facer, sabemos que será un éxito.
Con esta función comezamos a retomar a actividade na BBS, que está a piques de reabrir as súas portas. Que ganas temos!
Con esta función comezamos a retomar a actividade na BBS, que está a piques de reabrir as súas portas. Que ganas temos!
Convidámosvos a achegarvos ao colexio o vindeiro mércores, día 11, ás 16:30 para gozar do teatro con nós e cos amigos e amigas de Pereira de Lobos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario