Hoxe tivemos con nós á Compañía Pereira de Lobos, do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril, agasallándonos con Boas Noites de Paula Carballeira. Impresionante traballo deste grupo de mestras e mestres, desde os decorados e a caracterización dos personaxes, á adaptación e interpretación do texto. Encantounos a obra e encantounos ver o noso auditorio cheo de familias que, coma nós, xa son "fans" de Pereira de Lobos.
Parabéns a toda a compañía e a Merchi Rodríguez Pimentel, directora e "armadanzas" desta iniciativa, que admiramos. Graciñas por compartir, unha vez máis, a vosa paixón polo teatro con nós. Anotádenos para a próxima! 😉 😍
Hoxe agardaremos tod@s por Pedro Chosco cos ollos tan abertos como Xiana! 😁
Bravo! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario