O venres, despois destes meses de obras e transformacións, volvemos abrir as portas da BBS. Aínda quedan cousas pendentes de cambiar
e rematar na biblioteca, pero xa imos empezar a usala de novo, pouco a
pouco, descubrindo as novidades e lembrando todo canto a nosa biblio ten
para nos ofertar.
Era un día importante para o CEP Brea Segade e para celebralo viñeron uns bos amig@s da nosa biblioteca, Os Quinquilláns, co seu espectáculo Por que é salgada a auga do mar? Non só descubrimos que Taragoña ten moito que ver con que o mar sexa salgado, se non que ademais tivemos a sorte de mergullarnos no fondo do mar e atoparnos con fascinantes criaturas mariñas. 😍
Foguetes pola reapertura da BBS!
A "verdade verdadeira" do sabor salgado do mar:
Grazas, Tero! Grazas, Lucho!
Foi fantástico! Un luxo reabrir a BBS con vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario