Máis ca leña é un proxecto educativo promovido pola CMVMC O Fieitoso que pretende poñer en valor os usos alternativos á produción
de madeira de baixa calidade e demostrar que os nosos montes poden ter un futuro sostible. Unha das iniciativas deste proxecto consiste na introdución de gando, cabuxas, que axude a limpar o monte e enriquecer o chan. O noso colexio vai participar activamente neste proxecto, temos a sorte de que as cabuxas preñadas e as súas crías estean a carón da nosa escola. É unha oportunidade única para aprender desde a nosa realidade máis próxima. Somos moi afortunados/as! 😃
Este sábado chegan as seis cabuxas coas que bota a andar o proxecto, tres delas preñadas. Elas axudarán a manter a raia a matogueira dos terreos que lindan co colexio. E de paso, darán pé a moitas actividades educativas no Brea Segade.
Sumámonos ao convite que a CMVMC O Fieitoso e o Colectivo Veciñal Fousas ao Monte nos fan, para achegarnos a Campo Maneiro este sábado ás 11:30 da mañá. Animamos a toda a comunidade escolar do Brea Segade a vir coñecer e dar á benvida ás cabuxas. Non o perdades!
Sábado 8, 11:30 da mañá no Campo de Maneiro.
Máis información no facebook de Fousas ao Monte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario