Noa, Nerea, Rita e Lucía conseguiron que nos metésemos na historia e que nos desesperásemos coa pobre Mar, a protagonista de Quero peixe!, que non conseguía facerse entender pola súa nai e o seu pai.
Quero peixe! é unha das novidades da BBS, un conto da escritora e ilustradora islandesa Áslaug Jónsdóttir, que Noa, Rita, Nerea e Lucía dramatizaron para nós. A historia é moi divertida e elas catro, coas súas interpretacións, conseguiron que aínda o fora máis.
Parabéns, contadoras, e grazas polo esforzo e a imaxinación para dramatizar o conto e preparar todos os accesorios que empregastes. 😍
Bravo! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario