A aula de 6º tamén experimentou esta semana cos circuítos en papel. Como xa fixeran os compañeiros e compañeiras de 4º, crearon postais con Rosalía e a súa estrela. Enmarcaron a actividade no traballo sobre poesía que iniciaron co Día de Rosalía e que van desenvolver ao longo do mes de marzo, no que celebramos o Día da Poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario