19 de marzo de 2021

Digicraft

O Brea Segade comezará a participar este curso nun novo proxecto denominado Digicraft e promovido por AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a Fundación Vodafone. DigiCraft é un programa educativo orientado a formar a aos nenos e nenas de 5º e 6º nas competencias dixitais desde o xogo e a experimentación. O proxecto ten unha duración de dous cursos, así que este ano comezaremos a desenvolvelo nas aulas de 5º e 6º e o ano que vén incorporarase o alumnado que está agora en 4º. Os recursos e as actividades propostas no programa compleméntanse perfectamente co traballo de biblioteca creativa que estamos a desenvolver no cole desde o noso Espazo Argalleiro.

Esta semana tres profes do cole participaron na formación en liña, coñecendo os obxectivos, a metodoloxía e os recursos e materiais cos que comezaremos a traballar nas aulas a comezos de abril. Foron tres tardes intensas nas que os profes aprenderon experimentando e fedellando, para poder ensinar xogando e experimentando.

Seguiremos contando...




1 comentario: