20 de marzo de 2021

Premios Minerva

 

Vén de coñecerse o fallo da 49º edición dos Premios Literarios Minerva organizados polo Colexio Manuel Peleteiro. Nestes premios comezaron a súa traxectoria literaria algunhas das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea como Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Xosé Antón Neira Cruz, Berta Dávila ou Olga Novo. 

De entre as premiadas desta edición  queremos destacar a presenza de tres mozas rianxeiras, alumnas do IES Félix Muriel e dúas delas ex alumnas do Brea Segade: Noelia Férnanez, Paula Tubío e Alba Comojo.

Parabéns ás tres e unha aperta moi especial para Noelia e Paula (2º premio en narrativa e poesía respectivamente), que seguen sendo, elas ben o saben, parte da familia do Brea Segade. Noraboa, Noelia! Noraboa, Paula! 😍

Bico da Ría do IES Félix Muriel.

Premios Minerva en Nós Diario.

Premios Minerva no Correo Galego

Premios Minerva na Voz de Galicia.

1 comentario:

  1. Dentro de nada os seus títulos estarán nos nossos andeis!Estamos de parabéns! Viva!

    ResponderEliminar