28 de maio de 2022

Basket Beats Borders

O xoves pasado o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla con Adrián Dios, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas. Presentoulles o proxecto: Basket Beats Borders O baloncesto derruba fronteiras. Adrián acaba de chegar de Beirut, no Líbano,  onde estivo coñecendo o proxecto e adestrando ao Palestine Youth Basket Team, un equipo de baloncesto feminino formado por refuxidas palestinas do campo de Shatila. Por medio de imaxes e vídeos presentounos a dura realidade de Shatila, pero tamén a incrible experiencia pola que se creou un espazo de liberdade e esperanza para un grupo de rapazas e nenas que teñen no baloncesto unha vía de escape e de superación persoal. 

Para saber máis sobre o proxecto entrade en calquera destas dúas publicacións ou na páxina Basket Beats Borders, paga a pena. 

Reportaxe sobre BBB, contado por Adrián, en Nós Diario 

BBB no xornal El salto diario

Adrián tamén nos falou dos encontros do equipo das adultas con equipos femininos europeos. En xuño estarán en Madrid e está funcionando unha campaña de recollida de cartos para facer posible a viaxe e a estancia. 

Para  colaborar na campaña de finanzamento da viaxe a Madrid no mes de xuño: Basket Beats Borders. Encontro Madrid Shatila

Estaremos atent@s ao proxecto e as iniciativas nas que, como centro e comunidade escolar, poidamos participar. 

Grazas, Adrián por descubrirnos un proxecto tan fermoso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario