Hoxe Pere Tobaruela estivo na BBS. Comezou falando co alumnado de 5º e 6º, seguiu con 3º e 4º e rematou cos de 1º e 2º. Mañá intensa na BBS! Falou sobre os libros que se leron en cada aula, pero sobre todo falou sobre o seu traballo como escritor e o seu compromiso coa literatura na nosa lingua. Explicounos que cando escribe ten sempre presente como "enganchar" aos lectores/as e hoxe enganchounos a todos/as coa súa charla amena, divertida e cercana.
Grazas, Pere, polos teus libros e
polo tempo que hoxe compartiches con nós!
Seguirémos véndonos nos libros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario