30 de abril de 2018
Imaxina, crea, soña...Le
Compartimos as curtas que proxectamos na biblioteca na tarde do 25 de abril, nos actos do Mes do Libro. Curtas e libros para soñar, imaxinar, pensar, decidir, sorprendernos, aprender, medrar...
One by One de Lebo M, as imaxes e a música contan historias tan fermosas coma esta.
Libriños de imaxes en movemento
Padriños, madriñas, afillados e afilladas elaborando xuntos libriños de imaxes en movemento. Libros e precine para celebrar o Mes dos Libros.
29 de abril de 2018
Apadriñamento e amadriñamento lector
Un ano máis celebramos o "día grande" do Mes do Libros co Apadriñamento e Amadriñamento Lector, que xa é unha tradición no Brea Segade. O noso patio e a nosa horta volvéronse encher de lecturas compartidas e volvemos ver algunhas das imaxes máis fermosas do curso.
Parabéns ás madriñas e padriños que ao longo da semana pasada prepararon con agarimo contos e postais para sorprender aos seus afillados e afilladas.
Parabéns aos afillados e afilladas que soubestes valorar e agradecer o cariño e o esforzo dos maiores.
Non leas!
Celebración do Mes dos Libros na Biblioteca Brea Segade, 2º de Primaria presenta a mensaxe de Fran Alonso, para dar comezo ao Apadriñamento e Amadriñamento Lector.
23 de abril de 2018
Na BBS tod@s contamos: Nuria e Christian
Hoxe comezamos cos contacontos con colaboración das familias. Parécenos uns dos mellores xeitos de celebrar o Día do Libro, compartindo historias entre nós, coas familias, con toda a comunidade escolar.
Hoxe "debutaron" nos recreos da BBS Nuria e Christian e fíxonos moita ilusión que foran eles, porque este é o seu primeiro ano no Brea Segade e dá gusto velos implicarse e participar en todas as propostas que facemos.
Escolleron un clásico imprescindible, Artur e Clementina de Adela Turín e Nella Bosnia. A historia destas dúas tartarugas fainos pensar sobre as relacións entre os humanos e convídanos a cambiar o mundo, cada día, desde a nosa realidade máis próxima para acabar coas desigualdades, a discriminación e o machismo.
Fermosa historia para compartir un 23 de abril!
Grazas, Nuria e Christian!
![]() |
| Grazas, Nuria! Grazas, Christian! |
22 de abril de 2018
O libros da titiriteira
Este venres atopámonos na biblioteca con tres libros enormes, cheos de maxia e de sorpresas, que nos deixaron coa boca aberta e nos fixeron sorrir e tamén rir. Un caracol que non lembraba o seu nome, dúas caras moi faladoras e un barco pirata cunha tripulación moi divertida foron saíndo deses libros, da man dunha titiriteira. Celtia Figueiras visitou a nosa bibliblioteca co seu espectáculo Os libros da titiriteira. Encantounos!
Este venres tivemos unha boa mostra de que os espectáculos de títeres de calidade e as boas historias son para todos os públicos, grandes e pequen@s.
| Con 4º, 5º e 6º |
![]() |
| Con 1º, 2º e 3º |
Grazas ao Consorcio Editorial e moi especialmente a Narciso, por este agasallo no mes dos libros.
Grazas, Celtia, polos libros e pola titiriteira!
Agardamos verte de novo pola nosa biblioteca.
18 de abril de 2018
Viaxando...
![]() |
| Que vos gusten moito! |
As Mochilas Viaxeiras seguen camiño, case sen parar a repostar na BBS. Hoxe saíron de novo, e deixáronnos comentarios e debuxos nos Cadernos de Viaxe e imaxes chulísimas do seu paso polas casas de Mikel e Lucas. Está claro que no cole temos uns cociñeiros e cociñeiras de primeira, habera que pensar como aproveitar tanto talento culinario.
| Mmmmm! |

17 de abril de 2018
14 de abril de 2018
No Salón do Libro de Pontevedra
O martes fomos de excursión a Pontevedra. Visitamos o Salón do Libro pola mañá e o Museo de Pontevedra pola tarde.
No Salón como centro participante tivemos unha actividade de animación previa á visita. Para os de 1º e 2º foi un contacontos cunha contadora mexicana e para 3º e 5º un obradoiro sobre diversidade e igualdade.
En cantounos a ambientación do Salón sobre a temática deste ano, Mulleres de Conto. Gustáronnos moito as actividades e os xogos na visita guiada. Parabéns, un ano máis á organización, e grazas aos monitores e monitoras que nos acompañastes.
Ao mediodía chovía a cachón pero tivemos a sorte que nos acolleran para xantar no CEIP Xunqueira 2. Foron superamables con nós, comemos a cuberto, xogamos no patio... Grazas!
Pola tarde parou de chover un pouco e puidemos ir á andar ao Museo de Pontevedra. Participamos en tres actividades: Da paleta ao lenzo para os pequen@s, O retrato para 3º e A prehistoria para 5º. O Museo sempre nos sorprende e sempre saímos con ganas de volver.
Foi un gran día, pese á chuvia e a case non poder pasear por Pontevedra, algo que tanto nos gusta.
Para ver o álbum de fotos da saída premede AQUÍ.

| A nosa maqueta! |

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)