22 de setembro de 2021

Cuarto emprende viaxe!

Os nenos e nenas de Cuarto tamén coñeceron a Panchito e o seu Periplo Atlántico e lembraron como atopar os fondos que buscan na biblioteca usando a CDU ilustrada. List@s para partir!

Recreos na BBS

Nos recreos na biblio non hai parada...Os luns a BBS é para Terceiro.

Os martes é a quenda de Cuarto.
E os mércores de Sexto.

16 de setembro de 2021

Quinto emprende viaxe!

Quinto tamén coñeceu a Panchito, seguiu o seu periplo polo Atlántico e refrescou os seus coñecementos sobre a CDU, as normas e o funcionamento da BBS. List@s para partir!

Sexto emprende viaxe!

Os rapaces e rapazas de Sexto foron os primeiros en "emprender a viaxe". Panchito, o protagonista de Periplo atlántico, tamén está a dar pé a unha actividade sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU), coa que organizamos os fondos da BBS. Precisamos coñecer os recursos e fondos da biblioteca cos que contaremos nesta viaxe que comeza.












Periplo Atlántico


Comezamos as sesións de formación de usuarios/as con cada clase, para retomar a actividade das titorías na biblioteca e, de paso, lanzar o tema do Proxecto Documental Integrado deste Curso: De viaxe! 
Sempre escollemos un conto para abrir o novo curso na BBS e ir ambientando o tema de traballo proposto. Desta volta temos un conto que nos fala de viaxes e que constitúe unha homenaxe a Castelao e aos galegos e galegas que viviron e viven fóra de Galicia, sen perder as orixes e integrando novas culturas e aprendizaxes. 
Periplo atlántico de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, é "Unha versión moi libre de "O negriño Panchito" de Castelao" e está a ser o punto de partida da viaxe que a BBS nos convida a emprender este curso. Partimos!! 🌍

12 de setembro de 2021

Recreos na BBS

As portas da BBS xa abriron na primeira semana! Continuamos usando a biblioteca en grupos burbulla, pero temos algunhas novidades no protocolo de uso, pouquiño a pouco...

Os recreos dos xoves son para Quinto.




E os recreos dos venres para Segundo.

Protocolo 2021-2022

Comezamos un novo curso desta época Covid que estamos a vivir e que tanto nos fixo mudar o xeito de usar os espazos e de relacionarnos cos demais. O protocolo de uso da BBS 2020-2021 permitiunos seguir gozando da nosa biblioteca, en pequeno grupo, pero aproveitando ao máximo os recursos e espazos, dentro das limitacións. Este curso contamos coa experiencia do pasado e cun protocolo que sabemos que funciona e que podemos adaptar á nova situación sanitaria e aos pequenos avances nas restriccións, que podemos realizar nos centros.
Abrimos as nosas portas de novo 
e estamos moi content@s de facelo! 😀

 

9 de setembro de 2021

Preparada, lista,...!

Temos a palabra

A biblioteca escolar ten a palabra é o lema promovido desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares para este curso que comeza. O lema está interpretado, como cada ano, por un cartel elaborado por un creador galego, nesta ocasión por Pablo Otero. O lema pretende poñer en valor o traballo realizado ao redor da oralidade e da palabra desde as bibliotecas escolares. Na Biblioteca Brea Segade sumámonos, de bo grao, á proposta. Temos á palabra e imos empregala! 😊
Grazas por un lema e cartel tan motivadores!