Os nenos e nenas de Cuarto tamén coñeceron a Panchito e o seu Periplo Atlántico e lembraron como atopar os fondos que buscan na biblioteca usando a CDU ilustrada. List@s para partir!
22 de setembro de 2021
Recreos na BBS
Nos recreos na biblio non hai parada...Os luns a BBS é para Terceiro.
Os martes é a quenda de Cuarto. E os mércores de Sexto.16 de setembro de 2021
Quinto emprende viaxe!
Quinto tamén coñeceu a Panchito, seguiu o seu periplo polo Atlántico e refrescou os seus coñecementos sobre a CDU, as normas e o funcionamento da BBS. List@s para partir!
Sexto emprende viaxe!
Os rapaces e rapazas de Sexto foron os primeiros en "emprender a viaxe".
Panchito, o protagonista de Periplo atlántico, tamén está a dar pé a unha actividade sobre a Clasificación Decimal Universal (CDU), coa que organizamos os fondos da BBS. Precisamos coñecer os recursos e fondos da biblioteca cos que contaremos nesta viaxe que comeza.
Periplo Atlántico
Comezamos as sesións de formación de usuarios/as con cada clase, para retomar a actividade das titorías na biblioteca e, de paso, lanzar o tema do Proxecto Documental Integrado deste Curso: De viaxe!
Sempre escollemos un conto para abrir o novo curso na BBS e ir ambientando o tema de traballo proposto. Desta volta temos un conto que nos fala de viaxes e que constitúe unha homenaxe a Castelao e aos galegos e galegas que viviron e viven fóra de Galicia, sen perder as orixes e integrando novas culturas e aprendizaxes.
Periplo atlántico de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, é "Unha versión moi libre de "O negriño Panchito" de Castelao" e está a ser o punto de partida da viaxe que a BBS nos convida a emprender este curso. Partimos!! 🌍
12 de setembro de 2021
Recreos na BBS
As portas da BBS xa abriron na primeira semana! Continuamos usando a biblioteca en grupos burbulla, pero temos algunhas novidades no protocolo de uso, pouquiño a pouco...
Os recreos dos xoves son para Quinto.
E os recreos dos venres para Segundo.
Protocolo 2021-2022
Comezamos un novo curso desta época Covid que estamos a vivir e que tanto nos fixo mudar o xeito de usar os espazos e de relacionarnos cos demais. O protocolo de uso da BBS 2020-2021 permitiunos seguir gozando da nosa biblioteca, en pequeno grupo, pero aproveitando ao máximo os recursos e espazos, dentro das limitacións. Este curso contamos coa experiencia do pasado e cun protocolo que sabemos que funciona e que podemos adaptar á nova situación sanitaria e aos pequenos avances nas restriccións, que podemos realizar nos centros.
Abrimos as nosas portas de novo
e estamos moi content@s de facelo! 😀
9 de setembro de 2021
Temos a palabra
A biblioteca escolar ten a palabra é o lema promovido desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares para este curso que comeza. O lema está interpretado, como cada ano, por un cartel elaborado por un creador galego, nesta ocasión por Pablo Otero. O lema pretende poñer en valor o traballo realizado ao redor da oralidade e da palabra desde as bibliotecas escolares.
Na Biblioteca Brea Segade sumámonos, de bo grao, á proposta. Temos á palabra e imos empregala! 😊
Grazas por un lema e cartel tan motivadores!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































