11 de outubro de 2024

Mudámonos!

Este curso despedímonos desta plataforma na que durante anos informamos do día a día da BBS. Marchamos para un novo espazo virtual, desta vez na páxina corporativa do CEP Xosé Mª Brea Segade. Alí seguiremos compartindo todo canto facemos na BBS. 

Agardámosvos no novo espazo virtual da Biblioteca Brea Segade



25 de xuño de 2024

Libros que veñen e van 2024

Xa podedes pasar recoller as vosas bolsas de lectura de verán, os Libros que veñen e van. Lembrade, tedes que vir en familia, acompañados por un adulto/a e podedes levar ata 10 títulos para gozar da lectura tamén no verán. Animádevos!

20 de xuño de 2024

Visita do CRA

Os nenos e nenas do CRA de Rianxo, que o vindeiro curso virán ao Brea Segade, estiveron de visita no cole e os axudantes de Quinto encargáronse de recibilos e ensinarlles a BBS. Faláronlle do que poden facer na biblioteca, contáronlles un conto, xogaron con eles no Espazo Argalleiro e ata os entrevistaron na Radio BBS. Resultou moi ben. Grazas, axudantes!










1 de xuño de 2024

Obradoiro de tíreres

O mércores pasado 5º e 6º tiveron a última sesión do obradoiro de títeres con Electra. Vestiron aos monicreques e escribiron e representaron obras curtiñas coas que darlles vida. Fixérono xenial! estaremos atent@s ao festival Titiriberia deste verán en Rianxo, para seguir aprendendo e gozando dos títeres. 

Grazas, Electra! 

Parabéns 5º e 6º, polos monicreques e pola obras!












Radio BBS: Luísa Villalta

 Nova achega á figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Desta vez é o alumnado de Proxecto Competencial de 4º de Primaria o que investigou e gravou un podcast sobre a escritora. 

Escoitade que ben o fixeron! Son uns cracks radiofónicos!


Preme AQUÍ para escoitar o podcast. 

23 de maio de 2024

De estrea!

Estamos de estrea na biblio, onte colocamos as esculturas literarias de cartón pedra elaboradas no obradoiro con Electra, dentro do programa Lectura e familia. Mirade que bonitísmas quedaron: 




Onte, ademais de colocar as esculturas, despedimos as actividades con familias cun xogo de busca de libros agochados nos andeis da BBS, cantando xunt@s e cunha pequena merenda. 

Grazas a todas as familias que participastes no programa Lectura e familias

Encántanos que veñades á biblioteca e vos impliquedes nas actividades. 

Grazas, Electra polo obradoiro de esculturas, que ben o pasamos e que bonita está a BBS coas novas esculturas!






20 de maio de 2024

Última viaxe das Mochilas Viaxeiras

As mochilas xa están nas últimas catro casas que lles quedaban por visitar. Na entrada da biblioteca podedes comezar a ver os Cadernos de Viaxe das Mochilas que xa non saíron desta volta. Viñeron cheos de debuxos, recomendacións, opinións... Dá gusto velos! Seguro que tamén nos encantarán os catro que virán de volta a finais de maio.