22 de outubro de 2017

24 de outubro: Día da Biblioteca



 Comezamos a semana central do Mes da Biblioteca! 
Estade moi atent@s ao que irá aparecendo cada día nesta páxina e no taboleiro da entrada da biblioteca. Imos celebrar o Día da Biblioteca ao longo de toda a semana. Participade!


20 de outubro de 2017

Axudantes. Grupo 1

Primeira semana de traballo na biblioteca de Antía, Carla, Joel, Helena e Santi. Estiveron ben ocupad@s: ordenadores, escornabots, repoñer libros aos andeis, etiquetar... Foi un moi bo comezo!
E así acabaron a semana: descansando nas bucatas... cun sorriso.


16 de outubro de 2017

O Papagaio. Ano 2

Xa temos o primeiro número deste curso de O Papagaio, rexistrado, catalogado e listo para saír cara as clases. Seguro que vos vai gustar tanto coma o curso pasado e que vai dar pé a proxectos e indagacións. 


Axudantes BBS 2017-2018

Temos un equipazo de axudantes de biblioteca!
Están organizados en oito grupos e xa list@s para empezar a botar unha man na biblio.

12 de outubro de 2017

A BBS é nosa!

Ao longo destas dúas semanas fomos redescubrindo a biblioteca, os seus fondos e os seus servizos. Agora só nos queda aproveitala ao máximo. Activade o son na esquina inferior esquerda da montaxe.

Meniños e meniñas de libros

Nestas dúas primeiras semanas de outubro todas as clases pasaron pola biblioteca para ter unha primeira sesión de formación de usuari@s, descubrir as novidades e cambios e lembrar o que xa sabiamos sobre o funcionamento da BBS. Como todos o anos comezamos as sesións cun conto. Este curso compartimos unha marabilla escrita por Sam Winston e Oliver Jeffers e publicada por Patasdepeixe: A meniña de libros. 
Tod@s aceptamos o seu convite para acompañala na súa viaxe polo mundo da imaxinación, da invención, da palabra e das historias.

"Porque a imaxinación é libre"

No Brea Segade medran "meniños e meniñas de libros". 😊









2 de outubro de 2017

Comezamos!

Hoxe a BBS abriu ás súas portas de novo! 
Aquí está o noso primeiro tríptico informativo deste curso, o convite a visitarnos e participar activamente na biblioteca, que hoxe recibistes todas as familias.
Premede sobre a imaxe para ampliar a imaxe.

1 de outubro de 2017

Charlie and the chocolate factory

A Sección bilingüe e a aula de Inglés tamén están a traballar sobre a película coa que comezamos o curso. Aquí tedes unha pequena mostra do seu traballo.

Inventing in progress. Do not disturb!

Ficha cinematográfica

Cine e matemáticas

En Segundo tamén usaron a Charlie e a fábrica de chocolate para traballar coas Matemáticas, facendo gráficas de barras. Entrade no seu blogue para saber máis.

http://segundodobreasegade.blogspot.com.es/2017/09/charlie-e-fabrica-de-chocolate.html