28 de outubro de 2017

24 de outubro de 2017

Agasallo da BBS

Hoxe, na Hora de Ler, os axudantes de biblioteca levaron a todas as clases unha carta e un agasallo da BBS. Algo tiña que argallar a biblioteca no seu día!


Axudantes-carteir@s


Gravando II

Segundo día de gravación. Fixádevos ben na soltura dos axudantes, xa dominan o tema! 😉











Mochilas listas!

Mochilas Viaxeiras sorteadas e listas para saír mañá para as casas dos seis primeiros afortunad@s.

Axudantes en acción!
Anuncio dos afortunad@s
Mochilas listas!

Día da biblioteca. O libro máxico

Hoxe é o Día da Biblioteca, unha data para celebrar que ao longo de todo o ano podemos achegarnos ás bibliotecas para contaxiarnos da maxia dos libros, para viaxar coa imaxinación, para compartir experiencias e aprendizaxes, para entrar en contacto coa cultura e o coñecemento e tamén para crear cultura e coñecemento.
E xa que estamos de celebración, queremos compartir con vós este vídeo elaborado polo CEIP Plurilingüe Anxo da Guarda de A Coruña sobre un tema dos Migallas. Para o karaoke usan pictogramas propiedade do CATEDU, baixo licenza Creative Commons, que foron creados por Sergio Palao. 

Feliz Día da Biblioteca