7 de novembro de 2017

1ª Viaxe das Mochilas Viaxeiras

Hoxe chegaron de volta as Mochilas Viaxeiras despois de dúas semanas de "andar polo mundo". Este ano pedímosvos que, ademais de escribir nos Cadernos de Viaxe, nos enviedes, se podedes, foto das Mochilas nas vosas casas, para ver como lles vai 😀

Aquí podedes ver o ben que estiveron as Mochilas nas casas de Abel, Alonso, Irene e Noa durante estas dúas semanas. Graciñas!



 



A cabra boba

Hoxe voltaron os contacontos aos recreos da BBS!
Xa  tiñamos ganas deles e comezamos do mello xeito posible: dúas contadoras de primeira, unha historia divertida e unhas ilustracións moi cómicas. A cabra boba de Pep Bruno e Roger Olmos foi o conto que escolleron Ainara e Clara para abrir a tempada de contacontos. A historia fálanos de Miguel, que, despois de buscala por toda a aldea, atopou a súa cabra subida nun tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. Como faría para baixala? Se non viñestesd no recreo buscade o conto na BBS, paga a pena. 
Grazas contadoras, encantounos!


Bravo!

E a ti, que che gusta da BBS? Capítulo III

E aquí vai a terceira e última entrega da gravación que realizamos na semana do Día da Biblioteca. Moitas grazas a tod@s os que participastes, diante e detrás da cámara.

Por 365 Días das Bibliotecas ao ano! 
 
E a ti que che gusta da BBS? Capítulo III from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.

5 de novembro de 2017

Axudantes. Grupo 3

Terceiro grupo de axudantes que pasa pola biblioteca. Desta vez etiquetaron e selaron novidades, prepararon todo para comezar cos contacontos do recreo a semana que vén, repuxeron libros nos andeis e controlaron ordenadores e escornabots. Traballaron duro, outro grupo contratado👌

Contratad@s!
Bo traballo!

31 de outubro de 2017

28 de outubro de 2017

Axudantes. Grupo 2

Rematamos a segunda semana dos axudantes. Desta vez tocoulles principalmente facerse cargo da gravación do vídeo do Mes da Biblioteca, pero tamén sortearon e repartiron Mochilas, repartiron agasallos nas clases, levaron o rexistro dos ordenadores... Volvemos quedar encantad@s co seu traballo!

Lendo e asinando contratos

Bo traballo!


Gravando V

O venres foi o último día de gravación. 
Moitas grazas a tod@s os que vos achegastes á biblioteca nos recreos para contarnos que é o que máis vos gusta da BBS. 
Moitas grazas a Fabiola, Paula, Álvaro, Julia e Pedro, axudantes desta semana, que traballaron arreo e levaron o peso da gravación. Grazas tamén ao resto de axudantes que vos achegastes a botar unha man: Paula, Helena, Carla, Antía...
Agora temos que montar esas mensaxes; estade atent@s ao resultado final, se é tan bo coma o proceso... Será xenial!






24 de outubro: vaqueir@s na biblioteca

Entrade no seu blog e mirade a montaxe que prepararon en de Segundo de Primaria partindo do cartel da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil, para o Día da Biblioteca desde ano.


Día da Biblioteca!

Postais para a BBS

Algunhas clases fixeron postais "moi cinematográficas" para agasallar a BBS no deu día. Aquí tedes unha pequena mostra. Comparten espazo na entrada da escola coa decoración de Samaín. Non temos parada! 😉

Moitas grazas! Son chulísimas!