11 de novembro de 2018

Libriño tamén viaxa

Este curso as Mochilas Viaxeiras teñen unha novidade importante. Despois de tantos anos vendo saír de viaxe ás Mochilas cada dúas semanas, Libriño pensou que el tamén quería coñecer mundo e marchou a percorrer as terras de Rianxo. Cada dúas semanas, nos Caderno de Viaxe das Mochilas aparecerá unha foto de Libriño nalgún lugar do noso municipio. O reto é descubrir onde estivo e, se tedes tempo, ir ata ese lugar e sacar unha foto, como Libriño. 
Esta foi a primeira foto que apareceu nos Cadernos de Viaxe:


E sí, en todos os Cadernos de Viaxe apareceu a resposta correcta: 
Libriño estivo no paseo marítimo, na laxe en homenaxe a Xosé Mª Brea Segade.  
Lois de 3º non só atinou coa resposta se non que foi a comprobalo. Aquí o tedes:

Ben feito, Lois!!!
Pouco a pouco iremos descubrindo lugares fermosos e representativos do noso municipio. Animádevos a descubrilos en familia tamén vós. Grazas a tod@s!

Nova quenda de axudantes

Semana a semana van iniciando o seu traballo de axudantes na BBS os diferentes grupos. Que sorte temos con eles/as! Son tantos e tan particitipativ@s! Clara, Ainara, Álex e Iker estreáronse esta semana coas Mochilas, selando, repoñendo aos andeis...




7 de novembro de 2018

Magosto

Hoxe o tempo deunos unha tregua e puidemos celebrar o Magosto, ata vimos o sol!
O primeiro, despois da Hora de Ler, foi visita, en Campo Maneiro, a plantación de árbores autóctonas na que participaramos nen@s e mestr@s do colexio hai uns anos  o que hai pouco limparon veciños e veciñas do colectivo Fousas ao Monte.
Que gusto ver carballos e castiñeiros medrando fortes! Temos que seguir plantando e limpando o monte! Grazas, Fousas ao Monte!

No noso monte :-)


E despois... Magosto no cole! Xogos populares, deportes e castañas. Que ben o pasamos!










Programa Cores

https://consumo.xunta.gal/sites/default/files/public/actividade/doc/1490688971_triptico_cores_.pdfEste mércores tivemos no colexio unhas charlas e obradoiros do Programa Cores de Educación para o Consumo Responsable, coordinado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia. 
Ao longo da mañá participamos todos os cursos do colexio e traballamos sobre: alimentación e etiquetado, comercio xusto e publicidade. 
Foi moi interesante e deixou abertos moitos temas para continuar traballando e aprendendo sobre consumo responsable e alimentación.



A señorita Bubble

A señorita Bubble, de Ledicia Costas, é un libro moi chulo, que recomendo totalmente, e que demostra o que normalmente fai a xente, xuzgar sen coñecer. Aparte, a señorita Bubble está escrito por unha escritora galega moi famosa (unha das miñas favoritas), autora de libros como Escarlatina, a cociñeira defunta ou Esmeraldina, a pequena defunta.


María Presas Piñeiro 6º

3 de novembro de 2018

Saboroso Samaín

O venres celebramos o Samaín no colexio, despois dun par de semanas de traballo nas aulas e nas casas: tallado de cabazas, decoración do colexio, investigación e presentacións sobre personaxes terroríficos, lecturas de medo... Entre outras actividades para a mañá do venres,  o Equipo de Actividades Extraescolares organizou uns obradoiros de cociña de Samaín con froita, friame, galletas e pan de molde. Así de vistosos e apetecibles foron os resultados:














1 de novembro de 2018

Stop Motion vexetal

Compartimos as montaxes que o primeiro grupo do obradoiro de Stop Motion realizou na súa primeira sesión de traballo. Estes son só os comezos e mirade que boas ideas e que boas creacións. Seguiremos subindo montaxes, que houbo máis! :-) 
                                                

Unha noite no hipermercado

Volveron os contacontos dos recreos!
Non queriamos rematar o Mes da Biblioteca sen retomar os contacontos dos recreos e así foi, os nenos e nenas de 3º foron os encargados de facer a dramatización dun texto sobre uns alimentos "moi vivos" nunha noite nun hipermercado. 
Que gusto volver escoitar o anuncio do conto na entrada, a primeira hora da mañá e ver a biblio chea de público e de contadores/as no recreo.






Moi ben, contador@s!

Axudantes da BBS

Os nosos axudantes van incorporándose quenda a quenda ás tarefas de xestión e organización na biblioteca. Dá gusto ver con que ganas se están implicando.





Ler no Samaín