18 de novembro de 2018

Renovámonos!

Xa vos dixemos que as Xornadas de Bibliotecas ás que asistimos a finde pasada ían notarse na BBS, que viñamos con forzas renovadas, a cabeza chea de ideas e proxectos... 
O luns, sen deixar pasar un día, xa empezamos a poñer "patas para arriba" a biblio 🙆 Renovarse ou morrer! Queriamos un novo aspecto para a nosa biblio, acorde cos novos servizos e proxectos que temos en marcha e en mente... 😀 Cremos que o conseguimos. Martes a BBS parecía outra! 😍 A nós gustanos moito como quedou, e a vós?






Axudantas BBS

Selar, ordenar, repoñer nos andeis, dar avisos, axudar a poñer "patas para arriba" a BBS...  O grupo de axudantas desta semana non tivo parada e sempre cun sorriso na cara. Así dá gusto!



Moi ben!

17 de novembro de 2018

Stop Motion 2

Pementos, brócolis, champiñóns, noces, abelás, castañas... cobraron vida na segunda quenda do obradoiro de Stop Motion. De novo vimos a creatividade e imaxinación dos nenos e nenas do Brea Segade en acción! 









Na cociña 2

A escola volveu a arrecender a galletas de nata cun novo grupo de cociñeiros e cociñeiras, que tamén reflexionou sobre a nosa dieta e as propiedades nutritivas dos alimentos.












Nas ondas 2

Novo grupo de redactores/as e locutores/as de radio. Seguimos aprendendo a comunicar oralmente, a planificar e gravar programas de radio, traballando en equipo.






Cascos???

No supermercado 2

A segunda quenda do obradoiro de supermercado: organizou e colocou produtos nas diferentes seccións, realizou cálculos, foi de compras, cobrou, pagou... e sobre todo, aprendeu moito divertíndose e colaborando.










14 de novembro de 2018

Mr Magnolia

Hoxe no recreo Lucía, Dália, Rita, Noa, Ales, Nerea e Ezequiel representaron para nós Mr Magnolia de Quentin Blake.
Como nos gusta Quentin Blake! O libro é moi divertido e ten unhas ilustracións inconfundibles, que nos lembran a Loreto, Charlie, Matilda...  E cando un bo libro se converte nun conto dramatizado, éxito asegurado! Máis se contamos cun grupazo de artistas como as que vimos hoxe na biblio. 

Mirade, mirade! 


Mr Magnolia from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.


Bravo!

11 de novembro de 2018

IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Esta fin de semana celebráronse as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación). Como cada ano, estas xornadas son unha cita ineludible para o profesorado interesado e implicado no funcionamento das bibliotecas escolares. Con expertos referentes no traballo en bibliotecas, experiencias interesantísimas de bibliotecas galegos e do resto de España e espazos de encontro e diálogo entre compañeiros/as, as Xornadas constitúen unha oportunidade única de formación e intercambio para todos os que cremos firmemente no papel e no poder das bibliotecas para transformar e innovar no sistema educativo. 
Alí estivemos membros do equipo da BBS, aprendendo, compartindo ideas, renovando a ilusión e o compromiso e tendo sempre no noso horizonte unha biblioteca de calidade para o noso centro: a Biblioteca Brea Segade 😍
Parabéns á organización e grazas por estes espazos de formación, tan necesarios e tan valiosos. 
E mañá... en acción de novo, coas baterías a tope de carga! 😉

Mochilas Viaxeiras contra días de chuvia

Este xoves, contra vento e marea saíron as Mochilas Viaxeiras, unha fantástica alternativa a estas tardes de chuvia e vento que estamos a ter. Nelas van os Cadernos de Viaxe cun novo reto de Libriño, que saiu de expedición un día de sol. Onde estaría?

Boas lecturas quentiñas!