O pasado venres comezou a segunda viaxe das Mochilas Viaxeiras.
Boas lecturas para tod@s!
A aula de sexto xa comezou o reto das lecturas de escritoras que lanzamos no Día das Escritoras e rematará no mes de marzo, coincidindo co Día da Muller.
Así o recollen no seu blog.
Non poden traballar xunt@s, pero complementan o seu traballo e o que fan os de 5º o martes continúano os de 6º o mércores. Colaboración en diferido en tempos de pandemia 😉
Sorteo e revisión de Mochilas Viaxeiras polos axudantes da BBS, despois de pasar a corentena ao vir das casas e antes de volvela pasar para marchar na 2ª viaxe.
As Mochilas Viaxeiras chegaron de volta da súa primeira viaxe e agora están en corentena. Con elas chegaron tamén imaxes dos recunchos favoritos para ler e as lecturas preferidas de: Anta, Izan, Mateo, Diego, Rita e Dália.
Así son os recreos na BBS, cos grupos burbulla aproveitando ao máximo os recursos do Espazo Argalleiro.
Un dos espazos máis demandados nos recreos en burbulla deste curso é o recuncho de ciencia. Desde 1º a 6º, todos os recreos temos un grupo de científicos e científicas usando microscopio, lupa, balanza, recursos de ciencia para a mesa de luz... Novembro é o mes da ciencia en galego, nós agardamos ter un curso enteiro de ciencia en galego. 😉
Na clase de 2º estiveron traballando sobre as embarcacións tradicionais,. dentro do noso PDI Montemar. Nos obradoiros do venres elaboraron libros con lapelas con toda a información que recolleron. Xa son uns expert@ en embarcacións! 😍
Esta semana recibimos os diplomas e agasallos que a Asesoría de Bibliotecas Escolares envía para os axudantes de biblioteca que participan no programa de Voluntariado e bibliotecas. Non puidemos repartilos o curso pasado porque estivemos confinad@s, pero así a sorpresa foi máis grande e os agasallos inesperados. Mirade como os recibiron na clase de sexto.
Noa e Nerea son as nosas primeiras contadoras virtuais. Escolleron A cociñeira do rei de Soledad Felloza e Sandra de la Prada. Un conto moi ben escollido para estes tempos estraños que estamos a vivir, mirade como comeza:
O rei tiña unha pena coma unha nube negra, que non o deixaba pensar. E cando un non pensa, todo sae mal...
Escoitade a Noa e Nerea, van contarnos a receita para espantar as penas...e as nubes negras. Que boa falta fai!
Bravo, contadoras!