20 de febreiro de 2022

Chegou o Entroido!

E con el, a Toribia! Este ano veunos ela e veunos ben viaxeira, lista para partir.  Atentos/as aos seus mandados, comezamos este luns.🎊🎉

18 de febreiro de 2022

En serio?

En serio hai xente tan ruín como para roubar dous paneis do proxecto Máis ca leña? Pois vese que si. 

Está claro que temos moito traballo que facer para que os nosos nenos e nenas medren respectando o seu patrimonio natural e o traballo en comunidade. Tamén está claro que hai que traballar a comprensión oral e escrita, cando dicimos "o monte é noso" falamos con orgullo da riqueza natural que temos que coidar e conservar. Debe haber quen non o entende así e decide roubar o que é un ben de todos para o beneficio propio. 

Temos traballo por diante, temos...

12 de febreiro de 2022

Mochilas Viaxeiras 8

Nesta viaxe saiu unha Mochila Viaxeira máis, a 2º para a aula de Segundo, que son unha tropa e hai que asegurar que as Mochilas chegan a todas as casas 😃

Recreos na BBS

Sobran as palabras.

Espazo Argalleiro:


 

 
Axudantes BBS:
Sexto probando os novos puffs 😉
Radio BBS:

De viaxe polo Barbanza 7

Volveron as Mochilas Viaxeiras e trouxeron novas propostas de saídas en familia polo Barbanza. 

 - A pedra da Ra en Ribeira. 

- A senda de Taragoña. 

- O hórreo do Araño. 

 Grazas Yoel e familia polas chulísimas imaxes da Pedra da Ra! 

Grazas a todos/as polas vosas achegas nos Cadernos de Viaxe.

5 de febreiro de 2022

Xornada Biblioteca Creativa

Onte asistimos á Xornada de Biblioteca Creativa organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación). 
Ao longo do día participamos en charlas e obradoiros sobre xogo, creación e alfabetización mediática e puidemos coñecer e experimentar con recursos para desenvolver a creación e a competencia dixital  traballando o currículo cun enfoque metodolóxico innovador. Escoitamos a especialistas como Felicida Campal, Ana Ordás e Pablo Otero e puidemos coñecer e aprender das experiencias doutros centros Plambe. 
Un ano máis, volvemos cunha chea de propostas, ideas, recursos e ganas de seguir transformando a BBS nun centro de aprendizaxe creativo, no que o alumnado sexa o protagonista. 
Grazas, Asesoría de Bibliotecas Escolares, por apostar por espazos para a formación de calidade e o intercambio de experiencias, tamén nestes tempos de restricións e precaucións.

Consultando o catálogo público

A aula de 5º comezou esta semana a aprender a consultar a OPAC (Online Public Access Catalog), isto é o catálogo público da BBS. Xa foron quen de localizar libros para levar en préstamo este xoves, en canto teñan algo máis de soltura pedirémoslles que nos fagan un vídeo titorial.😀

Emitindo!

Comezamos febreiro e continuamos emitindo en directo nos recreos. Desde a volta do Nadal, os mércores e xoves, os axudantes de 5º e 6º son os amos/as dos directos do recreo, tanto da parte técnica como dos micros. Que gusto dá vervos en acción!

3 de febreiro de 2022

As nosas entrevistas: Gonzalo Moure

 

Aproveitando a visita do escritor Gonzalo Moure á nosa biblioteca, o alumnado de 5º e 6º entrevistouno na Radio BBS. 

O encontro foi unha marabilla, a entrevista tamén, non vola perdades. 

Grazas, Gonzalo!  

Entrevista a Gonzalo Moure


A Paz para nós

 

Nas últimas semanas de xaneiro traballamos nas aulas    sobre a Paz e sobre poesía. 

Finalmente algúns cursos elaboraron poemas nos que expresan que é a Paz para eles/as.

 

Día da Paz 2002 : A Paz para nós é...