23 de outubro de 2022

Día das bibliotecas 2022: BiblioTEcoida

 


Mañá 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas: escolares, públicas, universitarias... Nós tamén teremos a nosa celebración, aínda que na BBS todos os días do ano son Días da Biblioteca. 

BiblioTEcoida é o lema deste ano. O cartel foi elaborado pola ilustradora e autora de banda deseñada Xulia Vicente, galega de Cariño, que actualmete reside en Valencia. Xulia recolle moi ben a idea de biblioteca para tod@s, que nos acompaña e nos ofrece recursos para medrar e vivir: a biblio que nos coida 😍.

20 de outubro de 2022

Sintaxe no Brea Segade

Hoxe botou a andar "oficialmente" no Brea Segade o método Sintaxe de aprendizaxe da gramática. Temos a sorte de que estes días van estar con nós Emilio Neira e diferentes persoas do equipo co que creou un método innovador e inclusivo para a aprendizaxe da gramática, que se está empregando con éxito en escolas de Suiza e que o alumnado de 2º e 6º do Brea Segade comezará a utilizar tamén, na nosa lingua. 

Emilio Neira, David Cuence e Xiro estiveron hoxe no Brea Segade para coordinar co profesorado implicado a avaliación inicial, para coñecer ao alumando que participará no proxecto e para que tiveramos unha primeira toma de contacto cos materiais. Emilio, que é antigo alumno do Brea, seguro que aproveitou tamén para lembrar vellos tempos 😉

Comezamos esta nova andaina con ilusión, sabendo o afortunados e afortunadas que somos por poder formar parte desta experiencia e con moitas ganas de aprender, grandes e pequenos/as. 😀










2º equipo de axudantes da BBS

O segundo grupo de axudantes tamén está dando mostras do nivelazo que temos este curso. 😍






16 de outubro de 2022

Xogar é cousa nosa


 Atentos/as ao proegama de actividades da ANPA do Brea Segade para as vindeiras semanas, moi interesante! Participade!

13 de outubro de 2022

Mochilas Viaxeiras 2022-2023

Hoxe saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras deste curso: 9 mochilas que xa están en casas do Araño e Taragoña, levando unha pequena escolma dos fondos da BBS para compartir en familia. Agardamos que vos gusten moito!


12 de outubro de 2022

1º equipo de axudantes da BBS

Este martes comezou a funcionar o primeiro dos 5 equipos de axudantes cos que contamos este curso. No primeiro día xa estiveron ben atarefados:  sortearon e anunciaron as Mochilas Viaxeiras e comezaron a emitir os directos do recreo. Bravo!

Axudantes ben identificados/as!




Axudantes da BBS 2022-2023

Equipazo!

Xa temos axudantes da BBS para este curso, 22 rapaces e rapazas de 5º e 6º. 😍

Recreos na BBS

Este ano volvemos ao funcionamento normal da biblioteca, abrimos nos recreos para quen queira vir ler, xogar, debuxar... E mirade que cousas bonitas están a pasar no Espazo Argalleiro. 






2 de outubro de 2022

Abrimos!

 
Mañá abre as súas portas de novo a BBS! E o martes 4, despois de dous cursos sen poder facelo, abrimos en horario de tarde para as familias. Animádevos a vir, acompañádenos nesta nova viaxe!