21 de decembro de 2022
Ler no Nadal
16 de decembro de 2022
Lecturas solidarias
Levamos unha semana de mercado solidario e estamos impresionadas e agradecidas coa boa acollida por parte das familias do cole. Nos recreos as/os axudantes da BBS non pararon de recoller produtos, anotar os libros que se convertían en lecturas solidarias e reorganizar as mesas do mercado. Fantástico traballo, axudantes da BBS!
Polas tardes foron moitas as familias que se achegaron para colaborar, así dá gusto! Quédanos tres días máis na semana que vén, se aínda non vos achegastes, non deixedes de facelo.
O tesouro de pirata Frank
14 de decembro de 2022
Lalia
Lalia from sahara libre on Vimeo.
Para coñecer mellor a realidade dos campamentos saharauís cos que colaboramos este ano no mercado solidario de Nadal.
9 de decembro de 2022
Mercado solidario
8 de decembro de 2022
25 N: Canción sen medo
Canción sen medo (Vivir Quintana)
Que trema o Estado, os ceos, as rúas,
que treman os xuíces e as súas tribunas
hoxe as mulleres ficamos sen calma
sementaron medo, medráronnos ás.
A cada minuto, de cada semana
que rouban amigas, e matan irmás
destrúen seus corpos, os desaparecen
recorde seus nomes,
por favor, señor presidente.
Por tódalas compas marchando en manifa
por tódalas mozas loitando en Galiza
polas matriarcas que son tan valentes
por tódalas nais buscando as ausentes
cantamos sen medo, pedimos xustiza
berramos por cada desaparecida.
Que resoe forte “Querémonos vivas!”
Que caia con forza o feminicida.
Eu todo o incendio, eu todo o rompo
se un día un fulano apaga os teus ollos
xa nada me cala, xa todo me sobra
se tocan a unha, respondemos todas
Son Claudia, son Esther e son Teresa
son Ingrid, son Fabiola e son Valeria,
son a nena que subiches pola forza
son a nai que agora chora as súas mortas
e son esta que che fará pagar as contas.
Xustiza! Xustiza! Xustiza!
Por tódalas compas marchando en manifa
por tódalas mozas loitando en Galiza
polas matriarcas que son tan valentes
por tódalas nais buscando as ausentes
cantamos sen medo, pedimos xustiza,
berramos por cada desaparecida.
Que resoe forte “Querémonos vivas!”
Que caia con forza o feminicida.
Que caia con forza o feminicida.
E retumben os centros da terra ao sonoro ruxir do amor.
E retumben os centros da terra ao sonoro ruxir do amor.
(Tradución ao galego CEP X.Mª Brea Segade)
Emocionante creación colectiva ao redor do 25N. Parabéns polo traballo á Aula de Música e ao Equipo Tics, pero moi especialmente ás nenas e nenos do Brea Segade, que, coma sempre, conseguides emocionarnos e facernos crer nun futuro mellor. Bravo!
Até as princesas soltan peidos
Tivemos a sorte de que estas fantásticas contadoras escolleran esta historia para compartila con nós nos contacontos da BBS. Agora coñecemos moito mellor ás princesas de conto.
Grazas, contadoras!
![]() |
| Equipazo de contadoras! Bravo! |
Morreu o demo
O mércores e o venres desta semana a Asociación Morreu o demo vai desenvolver un obradoiro de títeres na aula de 6º do noso colexio. Onte estiveron elaborando os guións coa axuda de Electra Menéndez, artesá que está a impartir o obradoiro. O venres elaborarán os personaxes, decorado e atrezzo para rematar representando as súas obras. A temática escollida para todas as obras é as viaxes, relacionado así este obradoiro de creación co PDI promovido pola BBS.
A actividade está enmarcada dentro das actividades do proxecto Titiriberia que a asociación realiza en Rianxo. Agardamos con ganas por esas obras de títires de creación propia! 😀
2 de decembro de 2022
A paso de tartaruga
Directos da Radio BBS
Esta semana tivemos directos da Radio BBS nos recreos de martes e xoves; os nosos axudantes non paran!





































