22 de febreiro de 2023

16 de febreiro de 2023

Lectura e familias: comezamos!

Primeira sesión do programa lectura e familias. Comezamos descubrindo todo o que a BBS ten para gozar en familia, pero fixémolo por medio dun xogo e unha serie de probas que superar. Contamos cun pasaporte para rexistrar as probas superadas e unha recompensa final para todas as familias, porque todas superaron con éxito as probas propostas. 

Grazas por vir e participar! 

Xa sabedes, a BBS é vosa!














Quen levou a Lúa?

Hoxe no recreo...

Ainara, Antía, Paula e Candela contáronnos Quen levou á Lúa? e como os animais do bosque conseguiron descubrir o misterio. Moi ben contadoras, sempre é un gusto escoitarvos. Desta vez ata trouxestes lúas de agasallo. Fantástico!






12 de febreiro de 2023

Mochilas Viaxeiras 8

 Sorteadas...


E rumbo ás vosas casas...


O xigante secreto do avó

Alba, Xiana, Virginia e Camila trouxeron un xigante especial á BBS no último contacontos do recreo: O xigante secreto do avó de David Litchfield. É unha fermosa historia sobre a amizade e a imaxinación, que ten unhas ilustracións impresionantes. Boa escolla, rapazas! 

Foi a primeira experiencia como contadoras da BBS e fixérono de marabilla, dá gusto ver que temos boa canteira de contadoras e contadores. Non tardedes en repetir!




Fantástico, contadoras!



10 de febreiro de 2023

Xornada de Biblioteca Creativa

 

Alí estaremos! Para continuar aprendendo e recoller ideas e experiencias que axuden  á BBS e ao noso Espazo Argalleiro a continuar consolidándose e mellorando. 

7 de febreiro de 2023

Biblioteca e familias


Entramos a formar parte do proxecto Lectura e Familias, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia. Entre febreiro e maio desenvolveremos un programa de actividades para familias os mércores en horario de tarde, de 16:00 a 17:30. 

A primeira das sesións terá lugar o vindeiro mércores 15 de febreiro, de 16:00 a 17:30, animádevos a achegarvos e participar. 
Confirmade a vosa asistencia á sesión do vindeiro mércores 15, no correo do colexio:
cep.brea.segade@edu.xunta.gal

3 de febreiro de 2023

Na exposición de Castelao

Ao longo desta semana fomos visitando con calma a exposición das láminas de Castelao. Forman parte de tres catálogos: Milicianos, Atila en Galiza e Galiza mártir, cos que Castelao denunciou as inxustizas e barbaridades que se viviron en Galiza e España durante a Guerra Civil. A ilustración como medio para aprender da historia, para "ler" nas imaxes e para defender os valores da paz e da tolerancia.




Viaxeiros e viaxeiras

 Así de bonita quedou a entrada do colexio e da biblioteca. E seguimos viaxando... 😃


Guapa

Daniela Tembra, Elsa e Daniela Agrafojo foron as nosas contadoras desta semana. Escolleron Guapa de Canizales, unha divertida historia que nos fala do importante que é querernos a nós mesmas/os, sexamos como sexamos. 

Boa escolla, contadoras! Gustounos moito o conto e como o contastes. 

Hoxe no recreo...




Xenial, contadoras!