24 de outubro de 2018

Mochilas viaxeiras 2018-2019



Preparadas para saír da BBS o Día da Biblioteca😃.
Quen serán os afortunados/as de levalas nesta primeira quenda? Atent@s ao sorteo e moi atent@s tamén ás novidades deste ano.
 

23 de outubro de 2018

Fame cero 2030

O traballo ao redor das propostas da FAO para conmemorar nos centros educativos o Día da Alimentación empeza a verse nos corredores do centro.


Día da biblioteca 2018. O día da luz

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubre  desde o ano 1977. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemiento ao labor dos/as bibliotecarios/as.
O pregón deste ano é obra do escritor Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017), e Leva por título O día da luz. O cartel foi sido realizado polo ilustrador Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic en 2012.

Cambiache o conto

Cambiache o conto, de Pinto e Chinto, é un conto moi divertido. Vai das historias tradicionais que todos conocemos, pero cun xiro na historia que cambia o conto tal e como o coñeciamos. Para min, as mellores historias foron a dos tres porquiños e a dos sete cabritiños e o lobo, porque dan un xiro moi grande que, para min, fai que o conto teña mais sentido. Recoméndoo totalmente a quen lle gusten os contos cun gran toque de humor. 


María Presas Piñeiro 6º

20 de outubro de 2018

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

Este ano temos a sorte de poder celebrar o Día da Biblioteca  co grupo de teatro Pereira de Lobos e a Berenguela de Manuel María. 
Pereira de Lobos é un grupo de teatro afeccionado formado por mestras e mestres do CEIP Plurilingue Rosalía de Castro de Carril, dirixido pola rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel, membro do Teatro Airiños. Xa estiveron no Brea Segade co "Restaurante Farruco" e forman parte do grupo de amig@s e "complices" da Biblioteca Brea Segade. Todo un luxo! 
Nesta ocasión tráennos un clásico imprescindible do teatro infantil galego, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada  Berenguela escrito por Manuel María en 1979.
Vinde celebrar o Día da Biblioteca con nós!  Agardámosvos o vindeiro mércores ás 4 e media da tarde.

19 de outubro de 2018

Obradoiros

Este curso, para desenvolver o noso Proxecto Documental Integrado sobre alimentación e ecoloxismo, imos traballar en obradoiros un día á semana, con grupos de diferentes idades e metodoloxía baseada na descuberta, manipulación e creación.
Hoxe botaron a andar os obradoiros de: cociña e nutrición, radio, stop motion e supermercado. Comezamos con moita ilusión!
Irémosvos contando e amosando...

No supermercado
Na radio
No obradoiro de nutrición e cociña


Stop motion




CDU ilustrada


Así de bonita é a nova CDU ilustrada que acaba de publicar a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xa a temos na nosa biblioteca e xa empezamos a usala na formación de usuari@s. Mirade o que contan no blogue de Terceiro.

Biblioteca Creativa

Este curso renovamos a nosa participación no programa "Escornabots na biblioteca escolar", que pasa a chamarse no 2018-2019 "Biblioteca creativa". Grazas a este programa incorporamos á BBS os escornabots, a impresora 3D e a filosofía de espazo creativo nas bibliotecas. Este venres celebrouse unha xornada de formación na que participou un membro do equipo de biblioteca e na que cargamos as baterías para continuar avanzando e transformando a a BBS nunha Biblioteca Creativa. Estades avisad@s,  temos enerxías renovadas! 😉

15 de outubro de 2018

Día Mundial da Alimentación

O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación. Fame Cero é o obxectivo e o compromiso marcado para o ano 2030. Hai moito que cada un de nós podemos facer. As nosas accións son o noso futuro. 
Esta conmemoración encaixa á perfección con noso proxecto deste curso e co tipo de actitudes que desde o colexio queremos promover. Comprobádeo nestes dous vídeos da campaña da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura). 


10 de outubro de 2018

Sopa verde para 2º

Faltaban eles! Na BBS xa os botabamos de menos! 
Hoxe tivo a súa sesión de formación de usuarios/as a clase de 2º e que ben o fixeron! "Tomaron sopa verde", lembraron as normas da BBS, revisaron as novidades, escolleron libros... Mirádeos, mirádeos!
Sopa verde



Normas e escornabots

A nosa sopa de letras


Compartindo lecturas 😃


Bravo, Segundo!