12 de novembro de 2023

En conversa con Juan Durán

 

Compartimos a conversa con Juan Durán realizada por José Luis Dopico Orjais na Biblioteca Brea Segade, como parte do VI Memorial Mireya Dieste, celebrado en Rianxo o 11 de novembro. Juan Durán é intérprete, compositor, Premio Reina Sofía de Composición e académico da Real Academia de Belas Artes.

Axudantes da BBS: Equipo 4

Preme na imaxe para ver o vídeo.

11 de novembro de 2023

Mochilas Viaxeiras 2

As Mochilas Viaxeiras viñeron de volta da súa primeira viaxe e, coa colaboración imprescindible dos axudantes de biblioteca, xa saíron de novo e xa están na segunda parada. Desfrutade moito delas nestes días chuviosos de outono que convidan a buscar acubillo nun bo libro.

Superheroínas e superheroes: Manual de instrucións

Este mércores tivemos unha nova sesión dos contacontos do recreo. Daniela Agrafojo, Elsa, Leire, Sabela, Vera, Xoana e Daniela Tembra explicáronnos, ben polo miúdo, como converternos en superheroínas ou superheroes. 
Superheroínas e superheroes de Davide Calí e Gómez é un dos libros máis buscados e emprestados na BBS. Todo un éxito! Non sabemos se sodes as superhereroínas e superheroes que o buscades para repasar as instrucións ou se estamos a piques de ter unha nova remesa de superheroínas e superheroes no cole. 😉
Moi boa escolla e moi ben contado! Grazas contadoras!
Bravo!

Axudantes BBS. Equipo 3

4 de novembro de 2023

Creando logotipos

Comezamos a traballar nas clases creando deseños para o proxecto da biblioteca deste curso. Nalgunha  curso xa remataron e ata escolleron os tres logotipos que participarán nas votacións xerais. Vai estar complicado escoller, estades facendo deseños ben bonitos. 😍





3 de novembro de 2023

O piollo e a pulga

Este xoves, na Hora de Ler, xuntámonos todo o colexio na biblioteca para ver a representación do romance O piollo e a pulga que interpretaron nenos e nenas de 3º, José Luis e Alma. Como nos gustou! Que ben tocaron, cantaron, bailaron e representaron cos títeres!

Con este romance fixemos o lanzamento do PDI deste curso "Sempre dando a nota". Imos traballar sobre  música e  danza e antes que nada, xa que temos un lema, propuxémosvos deseñar un logo. Marchamos para as clases co encargo de crear deseños, que acabaremos convertendo en chapas. Poñede en marcha a vosa creatividade! temos de prazo ata o venres 10. 






Bravo!

1 de novembro de 2023

Indo para o Samaín

O luns 30 de outubro, o grupo de 5º de Proxecto Competencial representou, no recreo, a obra de Carlos e Sabela Labraña, Indo para o Samaín. 

Traballaron sobre o texto teatral, prepararon os papeis, ensaiaron, elaboraron accesorios para se caracterizar e na semana do Samaín, compartiron o seu traballo na biblio. 

Moi bo traballo rapaces e rapazas de 5º! Grazas por compartilo con nós!







Bravo!

26 de outubro de 2023

Samaín na Radio BBS

No cole xa se "respira" Samaín e a Radio BBS non podía ser menos. Hoxe os axudantes da BBS emitiron un especial bandas sonoras de series e pelis de medio, defuntos... Samaín.