23 de decembro de 2018

As prosas do Nadal no Brea Segade

Este foi o terceiro curso que cantamos as prosas de Nadal, recollidas no noso concello e preparadas nas aulas de Música. O tempo desta vez non nos acompañou e tivemos que quedar no colexio en vez ir cantar polas parroquias. Aínda que fora a cuberto, sempre é emocionante dar vida á nosa tradición nas voces dos nenos e nenas do colexio e facelo acompañados  de familias e veciños/as.



Aproveitamos que estabamos xuntos para escoitar tamén algunhas pezas que estiveron preparando o alumnado de sexto e cuarto.
Sexto
Cuarto

Despedimos o trimestre con música, xogos e o convite da ANPA a un bo chocolate quente con rosca 😋 Grazas! estaba riquísimo.




Equipazo de cociña!! 😍 Graciñas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario