1 de xuño de 2019

Na BBS tod@s contamos: Rosa e Rita

Este venres estivo na BBS a nai de Rita e Minia, para contarnos unha historia especialmente bonita, desas que gusta escoitar e mirar unha e outra vez.
De que cor é un bico? de Rocío Bonilla foi o libro que escolleu Rita para ler coa súa nai, Rosa. 
Pensastes algunha vez como colorear un bico? Pois a protagonista deste álbum ilustrado si, e como era moi curiosa, decidiu descubrilo.
Se queredes descubrilo vós tamén xa sabedes que libro tedes que buscar na biblio.

Grazas Rosa e Rita por compartir a cor dos bicos con nós. 😍 Gustounos moito!

Anunciando o conto na entrada






Moitas ben, contadoras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario