28 de marzo de 2021

As mulleres facemos de todo

Foto: Ramón Dimas
A comezos de marzo pedimos a colaboración das familias para recoller información sobre o traballo das mulleres no mar e no campo. As achegas que recibimos son valiosísimas, pequenos tesouros da memoria do noso pasado máis próximo, que decidimos non fundir nun só programa, se non  convertir nunha serie de 16 podcasts, mantendo completas todas as entrevistas. 

Nestes 16 poscast, que titulamos As mulleres facemos de todo, palabras dunha das entrevistas, recóllense datos sobre o papel das mulleres da nosa contorna no mar e no campo, pero tamén léxico, expresións e fonética da nosa comarca e mostras da complicidade dos nenos e nenas do Brea Segade coas súas avoas, nais, tías, amigas... 

Este material vai ser traballado nas aulas nos vindeiros meses, aproveitando todos os recursos que as entrevistas nos ofrecen para facer traballo curricular en diferentes materias.

Compartimos hoxe a páxina da aula virtual na que están aloxados todos os podcasts, que iremos publicando individualmente ao longo da vindeira semana para que poidades ir descubríndoos devagar.

Grazas a todas a mulleres e aos nenos e nenas do Brea Segade que compartistes con nós tempo e saberes. 

Radio BBS: As mulleres facemos de todo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario