Hoxe comezan os encontros das bibliotecas do Plan de Mellora das Bibliotecas escolares, dúas tardes para aprender, compartir, recoller ideas e recargar a ilusión e a razón, e poder seguir avanzando nos nosos proxectos de biblioteca. Un ano máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares ofértanos uns encontros que nos ilusionan pola temática das charlas, pola calidade dos relatores/as e pola posibilidade de coñecer as experiencias das bibliotecas do Plambe.
A BBS participará mañá venres nunha das sesións, compartindo a experiencia da Hora de Ler no noso colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario