Mañá celébranse as VI Xornadas de Innovación Educativa Rural organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Nelas José Luis presentará o Cancioneiro Escolar Urxente e o traballo ao redor da tradición oral e musical do noso municipio, que estamos a desenvolver no colexio.
Tamén participarán nas Xornadas dúas compañeiras do CRA de Rianxo, presentando a súa experiencia con Aulas Multigrao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario