Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Actividades Extraescolares para conmemorar o Día da Muller, realizáronse dúas charlas sobre apicultura, unha para 4º,5º e 6º e outra para 1º, 2º e 3º. Esther Ordóñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e Presidenta do Consello Regulador Mel de Galicia, achegouse ao Brea Segade para falarnos sobre as abellas, o seu coidado e os seus beneficios. Un luxo poder contar con Esther para aprender sobre apicultura e un gusto poder probar diferentes tipos de mel, pole, xalea e ata crema de mans elaborada con mel. Grazas, Esther!
Ningún comentario:
Publicar un comentario