5 de abril de 2022

Encontro con Andrea Maceiras

Onte o alumnado de 5º e 6º tivo un encontro coa escritora Andrea Maceiras para falar sobre a súa obra A folla azul que leron neste trimestre. Tiñamos moitas ganas de coñecela e de comentar con ela o moito que nos gustou o libro. O encontro foi aínda mellor do que agardabamos. Andrea compartiu con nós unha presentación coa que nos levou de viaxe á Amazonia e despois charlou con nós sobre o libro, o seu traballo como escritora, os seus libros favoritos... Fixémoslle moitas preguntas, pero ela soubo convertir o encontro nunha conversa, implicándonos en cada unha das preguntas que lle fixemos. Gustounos moito! 

E chegou o momento da sinatura dos libros! Para moitos/as a primeira sinatura e dedicatoria dunha escritora 😍  

Antes de que marchara convidámola a vir á Radio BBS e ser entrevistada por Carla, Iván, Daniela e Breixo e aceptou, así que en breve poderedes escoitar a súa entrevista. 

Grazas, Andrea, por achegarte á nosa biblioteca e 

polo ben que o pasamos  lendo A folla azul!

Grazas, Uxía, por facer este encontro posible.

7 comentarios:

  1. A min encantoume, gustoume moito que viñese e sobre todo que nos asinara o libro.Que volva xa.

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume o libro e o encontro, estivo moi ben! O que mais me gustou foi a presentación que nos levou. quero que volva mais veces.

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Iván e gustoume moito estar con Andrea Maceiras.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o encontro con Andrea e quero que volva.

    ResponderEliminar
  5. Gustoume moito que viñera Andrea Maceiras ao cole, Son Alexander.

    ResponderEliminar
  6. QUERO QUE VOLVA! Encantoume o libro e o encontro. Escribes moi ben. Irene 5º

    ResponderEliminar
  7. HOLA! Son adriana de 5 quero que volva Andrea Maceiras caeume moi ben.

    ResponderEliminar