5 de maio de 2022

Miles de libros


Ao longo desta semana, nas Horas de Ler, o grupo de quinto contounos Miles de Libros de Eduardo Baamonde. 
Cada día representaron o conto para unha clase e hoxe remataron cos máis pequenos/as, 1º e 2º. 
Dá gusto ver de novo lecturas compartidas na biblio!
Os "miles de libros" que os de 5º nos trouxeron estes días, representan moi ben o que queremos para a BBS, libros de todo tipo que vos fagan medrar, aprender, soñar e voar... 
 
Grazas, 5º por dar vida a 
este libro tan fermoso! 
Fixéstelo de marabilla!




Bravo, 5º!

Ningún comentario:

Publicar un comentario