Esta semana, dentro do programa Lectura e familias, descubrimos os macroinvertebrados de río da man de Emilio Saborido. Aprendemos a coñecelos e clasificalos empregando as fichas didácticas do Proxecto Ríos. Emilio tróuxonos bicharía do Té e despois levouna de volta ao río. Foi moi interesante; incrible a de cousas que nos contou sobre eses seres tan pequenos e que sempre nos pasan desapercibidos.
Grazas, Emilio!
Os animais de río asombraronme moito, sobre todo os macroinvertebrados pero a rá vermella foi moi divertida, sobre todo cando saíu da botella e dou moitos saltos na biblio Gustoume moito!
ResponderEliminar