Unha folla de carballo
sacudida polo vento
que baixa do Castro Barbudo,
sen rumbo a ningures,
sen patrón,
pero que chaga onde quer.
Lidia Cao realizou o fermosísimo mural que preside desde setembro o patio do CEP Brea Segade. Forma parte do proxecto Vila do Mar, máis alá dos muros e contou coa colaboración do Concello de Rianxo.
A BBS abrirá mañá as súas portas de novo, entrando de cheo neste curso no que, de seguro, imos "chegar onde queremos" e imos gozar moito da travesía.
Grazas, Lidia e colectivo Vila do mar, por contribuír a aumentar a beleza que rodea o noso cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario