25 de novembro de 2023

25 N

Este venres tivemos no cole a conmemoración do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Ao longo da semana traballamos nas titorías sobre a necesidade de continuar conmemorando este día. As actividades xiraron en torno a unha canción recollida no Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo, Certo día vindo do muíño, que fala dos abusos a unha nena e do silencio, a peor resposta a calquera tipo de violencia. Tivemos a sorte de que un grupo de nais, con José Luis e Alma, prepararon e cantaron o tema para todos nós. Grazas!

Na Hora de Ler do venres escoitamos o tema, exhibimos altofalantes con mensaxes relacionadas co 25N e colocamos dúas flores de pascua no noso Xardín da Memoria, como símbolo de cambio e de esperanza nun futuro mellor para todas, para todos. 











Lembra, miña nena,
no teu corpo non manda ninguén!

13 comentarios:

  1. A min gustoume todo.

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito pegar os altofanante.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume o video das nais.

    ResponderEliminar
  4. Foi moi guai e o que máis me gusto foi o video.

    ResponderEliminar
  5. Gustoume o vidio de mamas.

    ResponderEliminar
  6. O 25n me pareceu moi chulo porque as mamas tocaron os istrumentos.

    ResponderEliminar
  7. A min gustoume o video das mamas.

    ResponderEliminar
  8. Gustoume miyto os altofalantes e tamen me gustou o vidio ¡a ilgualdade¡

    ResponderEliminar
  9. O 25 N e o mellor dia por que a musica ten ritmo e non ai qu facer bulin e tanpouco decir palabrotas

    ResponderEliminar
  10. Ami lo que máis me gustou foi poñer os altafalates.

    ResponderEliminar
  11. Gustoume o video das nais e tamén me gustou os regalo e por ultimo o que nos dixo Elsa .

    ResponderEliminar
  12. Gustoume os antifalantes

    ResponderEliminar
  13. Gustou moito o das nais .

    ResponderEliminar