Non entendemos un mundo mellor sen un compromiso co medio ambiente e coa memoria do noso pasado e as nosas raíces. Como todos os 30 de xaneiro, a última parte do noso acto conxunto consistiu en renovar as plantas do Xardín da Memoria. Cada clase recibiu unha planta identificada cunha pomba 3D e con indicacións sobre as súas características e coidados. Temos a encomenda de coidar da nosa simbólica parcela do planeta, as seis plantas que chegaron hoxe ao Brea Segade. 😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario