Tras achegarnos á vida e á obra de Castelao, propuxemos ás aulas traballar sobre viñetas da obra Cousas, máis concretamente Cousas dos Nenos, creando globos que falaran sobre a situación de guerra e conflito que se viven no mundo actual. Coa axuda dos axudantes da BBS, ambientamos a entrada da biblioteca con recortes de prensa que reflectían situacións que se están a dar no mundo no 2024. Foron o punto de partida para incribles diálogos e reflexións, dos que Castelao habería estar ben orgulloso. Aquí vai unha pequena mostra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario