8 de marzo de 2024

Lectura e familias: Yolanda Castaño

 O Sol

O Sol é unha fonte de vida.

O Sol é un renacer constante, 

é unha estufa inmensa,

unha caldeira interminable. 


O Sol é o pole dunha flor,

é unha pelota brillante.

O Sol é unha lava ardente, 

unha lámpada flotante. 


Aquí tedes aos autores e autoras do poema colectivo que abre esta entrada e no centro, Yolanda Castaño, que estivo o mércores na BBS, enchéndoa de poesía e converténdonos a todos en poetas, por un tempo. Quen sabe, igual esa semente acaba agromando. Ogalla!
Yolanda veu realizar un obradoiro de poesía con familias, dentro do programa Lectura e familias, e rompeu, unha vez máis, todos os tópicos sobre a poesía. Pasamos unha tarde fermosa, compartindo versos e visións do mundo, mesturando achegas de grandes, pequenos e pequenas, xogando coas palabras, creando entre todos...
Grazas, Yolanda! Quedamos con ganas de máis! 😍







Ningún comentario:

Publicar un comentario