29 de abril de 2024

A Cruz Vermella na BBS

Hoxe visitaron a BBS Laura, técnica de xuventude de Cruz Vermella en Boiro e tres voluntarias desta ONG, para explicar ao alumnado de 4º e 5º que labor desenvolven. Queriamos saber máis da asociación á que imos doar os produtos que estamos recollendo no Mercado Solidario de libros de expurgo. Faláronnos dun montón de proxectos e actividades que están a levar a cabo e contestaron a moitas preguntas, porque o tema do voluntariado e da axuda á diferentes colectivos, resultounos moi interesante e queriamos saber máis. E non só nos informaron dun motón de cousas, tamén nos trouxeron un agasallo, un fermoso marcapáxinas. 

Moitas grazas pola vosa visita e polo agasallo! 

Pero sobre todo, moitas grazas polo voso labor!






Grazas!!!

1 comentario: