Así de bonita loce a entrada do cole para conmemorar o 8M, Día da Muller. Coas as achegas de todo o alumnado, o Equipo de Extraescolares decorou a entrada con flores e con información sobre mulleres da nosa contorna. As flores moradas simbolizan o noso compromiso coa igualdade e cos dereitos de todas as mulleres, e coa exposición Mulleres das nosas vidas, queremos dar visibilidade ás mulleres que están presentes no noso día a día. Parabéns a tod@s polo traballo!

![]() |
365 días para lembrar |
Ningún comentario:
Publicar un comentario