3 de marzo de 2023

Biblioteca creativa: Brazolinda

Hoxe tivemos a actividade de formación sobre os recursos do Espazo Argalleiro, que nos corresponde como parte do proxecto Biblioteca Creativa, no que a BBS participa desde xa hai uns anos. Escollemos unha sesión de xogos de mesa con Irimia e Alegría de Brazolinda e ao longo da mañá todo o alumnado do colexio pasou pola BBS para xogar, divertirse e aprender.  Alumnado e profesorado puidemos descubrir e experimentar xogos que forman ou formarán  parte dos recursos do noso Espazo Argalleiro. Pasámolo xenial! E seguirémolo facendo nos recreos, nas sesións de biblioteca de cada clase, polas tardes en familia... achegándonos ata o Espazo Argalleiro da BBS. 

                                                               Grazas, Brazolinda!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario