Este mércores a BBS encheuse de historias e de teatro. Estiveron con nós Merchi, Fran e Pablo, membros do grupo de teatro Airiños de Asados, contándonos contos: algúns de medo, outros de nenas espelidas e algo enredantes, pero todos cheos de moito humor. Tío lobo, O domador de monstros e Amelia quere un can foron os contos que dramatizaron para nós e cos que nolo fixeron pasar bárbaro a grandes e pequenos.
Grazas, Merchi, Pablo e Fran por darlle vida aos contos!
Grazas, Airiños!
E detrás do pano... ata merendaron 😂 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario