Hoxe as aulas de 2º, 3º, 5º e 6º participaron nunha plantación de árbores autóctonas en Filgueiras. Un ano máis, colaboramos coa Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña e co colectivo Fousas ao Monte para continuar plantando frondosas no noso monte. Desta vez foron freixos e castiñeiros, que doou Ismael Alonso, da Torre.
Emilio Saborido organizou o traballo, lembrounos a importancia das frondosas, para garantir a biodiversidade e para loitar contra o lume, e foinos explicando unha chea de cousas sobre a propiedade en mancomún, as especies autóctonas, os fungos... Canto aprendemos sempre con Emilio! Acompañáronnos Nati, Miguel e Chimpín, membros de Fousas ao Monte, e tamén Paquita, que baixou ata Filgueiras para supervisar o traballo. 😍
Grazas á Comunidade de Montes e a Fousas ao Monte.
Grazas, Emilio, Nati, Miguel, Chimpín e Ismael.
Castiñeiro |
Freixo |
O monte é noso! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario